BarPanel

1 07 2008

BarPanel é unha aplicación que remplaza o panel de Gnome. Está escrita en Python e é altamente configurable gracias ao uso de plugins e skins.

barpanel03 BarPanel 0.4.0 - Alternativa al panel de Gnome

Podemos instalarlo en Ubuntu mediante o seguinte paquete deb:

BarPanel v0.4.0 DEB installer for Ubuntu/Debian

Para poder executalo tecleamos Alt+F2 e na ventá que se abre escribimos barpanel

Si queremos que se abra automáticamente ao iniciar unha sesión vamos a Sistema> Preferencias> Sesiones e na ventá que se abre na Pestaña Programas de Inicio facemos click no botón Añadir. Enchemos os campos desta maneira:

Nombre: BarPanel

Orden: barpanel

Comentario: O que se che ocurra.





Paste as root

1 07 2008

Gracias a Javier Pérez temos un script para Nautilus que nos permite pegar como root calquer archivo que queiramos con solo facer ‘click’.

Este script aforranos moito tempo evitando que teñamos que utilizar sudo nautilus para levar a cabo esas operacións.

Instalación da acción de Nautilus “Paste as root”

Necesitaremos os paquetes xsel e nautilus-actions no sistema. Ambos están disponibles nos repositorios da mayoría das distribuciones. Os usuarios de Ubuntu poden instalalos executando:

sudo apt-get install xsel nautilus-actions

  1. Descarga o ficheiro PasteRoot.zip e descomprímeo no teu disco duro. Accede dende un terminal ao directorio que se creou (PasteRoot) e executa o comando:
  2. sudo cp PasteRoot.py /usr/bin

  3. Dende Sistema -> Preferencias -> Configuración de acciones de Nautilus hai que importar o archivo pasteroot.schemas pulsando o botón de Importar/Exportar. Así aparecerá “pegar como root” na lista de acions do xestor, tal e como se ve na imaxen. Seleccionándoa e dándolle a Editar podese cambiar o nome a mostrar no menú, o texto de axuda e o icono da acción.
  4. Acciones de Nautilus

  5. Por último, hai que reiniciar Nautilus executando o comando:

killall nautilus

Y xa se poden copiar archivos ou carpetas e ao facer click dereito en calquer directorio aparecerá a opción de Pegar como root.

Este tutorial foi sacado de Genbeta.





Maior rendemento no Ubuntu

2 06 2008

Nunca está demais mellorar unha cousa para que esta funcione mellor e máis rápido. Para que o noso Ubuntu gañe uns poucos segundos no arranque ou para que responda máis rápido a ordes que lle deamos vamos modificar unha serie de cousas:

Mellora do Kernel

Ubuntu instala por defecto o kernel generic (xenérico) para que funcione sen problemas na maioria dos ordenadores. Nós que temos un ordenador maior ca un pentium II  podemos instalar outro kernel, o Kernel 386, adaptado ó noso procesador que anda máis rápido e acelera a carga do sistema.

Atencion:Para procesadores de doble núcleo mellor deixar as cousas como estan porque non é capaz de recoñecer os dous núcleos.

Antes de instalalo miramos o noso kernel:

uname -r

E saliranos algo como esto: 2.6.24-16-386

A continuacion instalamos o kernel 386 con apt-get:

sudo apt-get install linux-headers-2.6.24-16 linux-headers-2.6.24-16-386 linux-image-2.6.24-16-386 linux-restricted-modules-2.6.24-16-386 linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-386

Unha vez rematada a instalación debemos reiniciar e no Grub apareceranos unha nova entrada na que temos que entrar. Se o noso sistema arranca sen ningún problema podemos afirmar que a instalación foi todo un éxito e podemos borrar o Kernel generic.

sudo apt-get remove linux-headers-2.6.24-16-generic linux-image-2.6.24-16-generic linux-restricted-modules-2.6.24-16-generic linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-generic

Acelerar a carga do sistema

GRUB ten unha opción que indexa o que se carga no kernel de modo que a seguinte vez que se inicie o sistema cargarase máis rapido. Esta opción chamase profile e para activala temos que seguir estos pasos:

  • Cando aparezca o GRUB presionamos ESC (esto sólo é necesario para os que teñen só GNU/Linux instalado)
  • Cando aparezca o GRUB con a lista de kernels, eleximos o que normalmente usamos(se fixemos o paso anterior sería Ubuntu 8.04, kernel 2.6.24-16-386) e en vez de darlla a “Enter” calcamoslle a letra “e”.
  • Buscamos a liña que di “kernel /boot/vmlinuz…” e volvemos presionar “e“.
  • Salenos unha liña de texto na que hai que añadir ó final  a palabra profile e dámoslle a Enter.
  • Logo presionamos “b” e iniciarase o sistema.

O sistema vaise iniciar moito máis lento do normal porque ten que indexar, pero as seguintes veces que se inicie ira moito máis rápido do normal.
Acelerar a carga de aplicacións

Existe unha aplicación que corre en segundo plano e recolle información das aplicacións que usamos normalmente e as garda no caché o que fai posible unha maior rapidez á hora de executar. Esta aplicación chámase preload e instalamola mediante Synaptic ou ben:

sudo apt-get install preload





Instalando VirtualBox-OSE

30 05 2008

VirtualBox é unha aplicación instalada nun sistema operativo anfitrión. Dentro desta aplicación, os

sistemas operativos adicionais podense cargar e executar, cada un co seu propio entorno virtual.

Existe unha versión gratuita para uso persoal e unha versión GNU (GPL).

Instalar VirtualBox en Ubuntu 8.04 “Hardy Heron” é moi sinxelo xa que esta aplicacion ven empaquetada nos repositorios oficiais e simplemente temos que activar os repositorios universe e multiverse (que xe deberamos telos activados fai tempo).


Para instalar en Ubuntu temos que abrir unha consola ou terminal e escribir:

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-generic

Se estamos usando outro kernel que non sexa o “generic”, instalamos a versión adecuada. Podemola ver facendo:

uname -r

Por exemplo se o facer uname -r nos sae:

2.6.24-16-386

Entón executamos

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-2.6.24-16-386





Sistema de ficheiros GNU/Linux

27 05 2008

En GNU/Linux é así:

  • O directorio raíz é / → De aquí saen todos os directorios do sistema. Dentro do directorio raíz atopamos varios subdiretorios importantes:
    • /dev → Todos os dispositivos físicos do sistema (O noso hardware).
    • /etc → Aquí recollense todos os ficheiros de configuracion do sistema.
    • /sbin → Aquí temos os programas que só pode executar o superusuario. Os programas deste directorio e mais do seguinte poden ser executados directamente poñendo o seu nome na consola.
    • /bin → Aquí temos os programas que poden lanzar todos os usuarios do sistema.
    • /lib → Conten as bibliotecas precisas para que se executen os programas que temos en /bin e /sbin.
    • /proc → Aquí tan os ficheiros que reciben ou envian informacion ó kernel (mellor non modificar nada nesta carpeta).
    • /usr → Este directorio conten os programas de uso xeral para todos os usuarios.
      • /usr/X11R6 → Aquí temos os programas do noso X-Window. X-Window é o sistema de ventanas.
      • /usr/bin → Aquí temos programas de uso xeral.
      • /usr/doc → Aquí temos certa documentacion do sistema.
      • /usr/etc → Aquí temos ficheiros de configuracion de uso global.
      • /usr/include → Aquí temos as cabezeiras de C e C++. Son ficheiros con extension .h. Os programadores comprenden o seu significado./usr/lib → Aquí temos as bibliotecas dos nosos programas.
      • /usr/man → Neste directorio encontramos manuais.
      • /usr/sbin → Este directorio contén os programas de administración do sistema.
      • /usr/src → Aquí é onde se almacenan os códigos fonte dos nosos programas.
    • /var → Este directorio contén información temporal dos programas. Non confundilo co tmp de windows, non debemos borrar nin modificar o contido deste directorio.
    • /boot → Aquí temos os ficheiros de configuración do arranque do sistema (como por exemplo GRUB).
    • /media → Aquí encontramos todas as unidades físicas que temos montadas. Discos duros, unidades de dvd, pendrive, …
    • /opt → Podemos usala para instalar aplicaciones que non veñen nos repositorios ou aquelas que nós compilamos.
    • /home → É un directorio onde temos os directorios persoais de todos os membros do sistema.
      • ~ → É o noso directorio persoal. Algo similar a “Mis Documentos”. Aquí é onde gardaremos os nosos documentos, musica, películas, fotos … Tamén podemos referirnos a este directorio como /home/[o noso nome]
        • ~/Desktop → Aquí temos o noso escritorio.




Devede 3.8

25 05 2008

devedelogo Devede 3.8 - Crea CD y DVD de video en Ubuntu

DeVeDe é un programa que permite crear video DVDs e CDs, aptos para un reproductor doméstico, a partir de calquera conxunto de archivos de vídeo, en calquera formato reproducible por Mplayer. A gran ventaxa sobre outras utilidades é que solo depende de Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager e MKisofs (e tamen de Python, PyGTK e PyGlade), polo que as suas dependencias son pequenas.

Para usuarios de Ubuntu Feisty e Gutsy existe un bug no Mplayer polo que recomendo que leais tranquilamente a páxina oficial http://www.rastersoft.com/programas/devede_es.html

Para instalalo en Ubuntu, primeiro hai que resolver todas as dependencias que temos arriba. Unha vez resoltas descargamonos o archivo tar e descomprimimolo.  Creanos una carpeta devede-3.8. Abrimos una Terminal e con cd navegamos ata a carpeta e executamos o archivo install.sh como root:

sudo ./install.sh

E con esto xa estamos listos para executar Devede e facer DVDs para o noso reproductor doméstico.

Devede para Windows





Compiz-check

24 05 2008

Compiz-check miranos si o noso computer é valido para o uso de Compiz Fusion. Hai duas formas igual de válidas para instalalo, a primeira e mediante un script e a segunda mediante un paquete .deb.

Eu prefiro a instalacion mediante un .deb porque e a mais cómoda e sinxela. Pero a continuacion poño os dous métodos.

Método 1

Descargar o script:

wget http://blogage.de/files/3847/download -O compiz-check

Una vez descargado damoslle permisos de execución e executamolo:

chmod +x compiz-check

compiz-check

Método 2

Descargamos o archivo .deb, e instalamos:

Descarga compiz-check-deb

Unha vez descargado e instalado executamolo dende consola

compiz-check

Se o teu ordenador e adaptado salira algo tal que:

Se se da o caso de que chekeando o harware dea un pequeno error, proba a instalar nvidia-settings

sudo apt-get install nvidia-settings