DOWNLOAD DAY 2008 da mau de Firefox 3

30 05 2008

Dende EnTuxIasmado colaboro para que o “Download Day 2008” entre no Libro de Récords Guinness para establecer o récord do software con máis descargas durante 24 horas.

Download Day 2008

A túa participación é importante e so consiste en descargar Firefox 3 o día que se indique para entrar no Libro de Récords Guinness. Para unirte clika na imaxe e lebarate a páxina oficial onde clikando en “Únete ahora” e poñendo o páis ó que pertences e mais o teu e-mail te avisaran do día elexido para entrar no libro.

Advertisements




Sistema de ficheiros GNU/Linux

27 05 2008

En GNU/Linux é así:

  • O directorio raíz é / → De aquí saen todos os directorios do sistema. Dentro do directorio raíz atopamos varios subdiretorios importantes:
    • /dev → Todos os dispositivos físicos do sistema (O noso hardware).
    • /etc → Aquí recollense todos os ficheiros de configuracion do sistema.
    • /sbin → Aquí temos os programas que só pode executar o superusuario. Os programas deste directorio e mais do seguinte poden ser executados directamente poñendo o seu nome na consola.
    • /bin → Aquí temos os programas que poden lanzar todos os usuarios do sistema.
    • /lib → Conten as bibliotecas precisas para que se executen os programas que temos en /bin e /sbin.
    • /proc → Aquí tan os ficheiros que reciben ou envian informacion ó kernel (mellor non modificar nada nesta carpeta).
    • /usr → Este directorio conten os programas de uso xeral para todos os usuarios.
      • /usr/X11R6 → Aquí temos os programas do noso X-Window. X-Window é o sistema de ventanas.
      • /usr/bin → Aquí temos programas de uso xeral.
      • /usr/doc → Aquí temos certa documentacion do sistema.
      • /usr/etc → Aquí temos ficheiros de configuracion de uso global.
      • /usr/include → Aquí temos as cabezeiras de C e C++. Son ficheiros con extension .h. Os programadores comprenden o seu significado./usr/lib → Aquí temos as bibliotecas dos nosos programas.
      • /usr/man → Neste directorio encontramos manuais.
      • /usr/sbin → Este directorio contén os programas de administración do sistema.
      • /usr/src → Aquí é onde se almacenan os códigos fonte dos nosos programas.
    • /var → Este directorio contén información temporal dos programas. Non confundilo co tmp de windows, non debemos borrar nin modificar o contido deste directorio.
    • /boot → Aquí temos os ficheiros de configuración do arranque do sistema (como por exemplo GRUB).
    • /media → Aquí encontramos todas as unidades físicas que temos montadas. Discos duros, unidades de dvd, pendrive, …
    • /opt → Podemos usala para instalar aplicaciones que non veñen nos repositorios ou aquelas que nós compilamos.
    • /home → É un directorio onde temos os directorios persoais de todos os membros do sistema.
      • ~ → É o noso directorio persoal. Algo similar a “Mis Documentos”. Aquí é onde gardaremos os nosos documentos, musica, películas, fotos … Tamén podemos referirnos a este directorio como /home/[o noso nome]
        • ~/Desktop → Aquí temos o noso escritorio.




Devede 3.8

25 05 2008

devedelogo Devede 3.8 - Crea CD y DVD de video en Ubuntu

DeVeDe é un programa que permite crear video DVDs e CDs, aptos para un reproductor doméstico, a partir de calquera conxunto de archivos de vídeo, en calquera formato reproducible por Mplayer. A gran ventaxa sobre outras utilidades é que solo depende de Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager e MKisofs (e tamen de Python, PyGTK e PyGlade), polo que as suas dependencias son pequenas.

Para usuarios de Ubuntu Feisty e Gutsy existe un bug no Mplayer polo que recomendo que leais tranquilamente a páxina oficial http://www.rastersoft.com/programas/devede_es.html

Para instalalo en Ubuntu, primeiro hai que resolver todas as dependencias que temos arriba. Unha vez resoltas descargamonos o archivo tar e descomprimimolo.  Creanos una carpeta devede-3.8. Abrimos una Terminal e con cd navegamos ata a carpeta e executamos o archivo install.sh como root:

sudo ./install.sh

E con esto xa estamos listos para executar Devede e facer DVDs para o noso reproductor doméstico.

Devede para Windows





Tar

3 05 2008

O programa tar é usado para almacenar archivos e directorios nun so archivo. Dentro dos entornos Unix tar aparece como unha orden que pode ser executada dende a liña de comandos, a consola de texto ou dende unha simple terminal.

Hai que diferenciar o formato .tar dos outros formatos como .zip ou .rar, xa que estos últimos son formatos que comprimen, en cambio o formato .tar non comprime simplemente agrupa archivos nun so ficheiro.

O formato que segue o comando tar é:
tar [opcions] [ficheiro1][ficheiro2]...[ficheiroN]

Enton se nós queremos actuar con tar dende consola temos que introducir os seguintes comandos se queremos:

  1. Empaquetar un ficheiro tar -cvf [nome.tar] [ruta ficheiro]
  2. Empaquetar un directorio tar -cvf [nome.tar] [ruta directorio, Ex:" /etc"]
  3. Desempaquetar un ficheiro tar -xvf [nome.tar]
  4. Ver o contido dun .tar tar -tvf [nome.tar]


Donde -c indica que que queremos empaquetar, -x indica que queremos desempaquetar, -t indica que queremos ver o contido, -v para ver o progreso que segue o program, e -f para usar o nome do ficheiro.

Existe o formatos derivados do .tar como son .tar.bz2 ou .tar.gz que estes sí funcionana como compresores.





Ubuntu 8.04 Hardy Heron

2 05 2008

Xa temos con nos o Ubuntu 8.04 con soporte extendido que como todos sabemos era unha versión mui esperada xa que non todas as versións teñen soporte extendido.

Pois o dito pa toda aquela xente que queira cambiarse pa linux esta e unha boa opción anque existen moitas outras. Deixo o link a páxina de descargas donde ata incluso podes pedir cd’s pa que chos manden a casa.

Como vedes todo son ventaxas, asique adiante.

http://www.ubuntu.com/getubuntu/download