BarPanel

1 07 2008

BarPanel é unha aplicación que remplaza o panel de Gnome. Está escrita en Python e é altamente configurable gracias ao uso de plugins e skins.

barpanel03 BarPanel 0.4.0 - Alternativa al panel de Gnome

Podemos instalarlo en Ubuntu mediante o seguinte paquete deb:

BarPanel v0.4.0 DEB installer for Ubuntu/Debian

Para poder executalo tecleamos Alt+F2 e na ventá que se abre escribimos barpanel

Si queremos que se abra automáticamente ao iniciar unha sesión vamos a Sistema> Preferencias> Sesiones e na ventá que se abre na Pestaña Programas de Inicio facemos click no botón Añadir. Enchemos os campos desta maneira:

Nombre: BarPanel

Orden: barpanel

Comentario: O que se che ocurra.





Tilda 0.9.6 no Hardy

27 06 2008

Tilda é un emulador de terminal ó estilo Quake. Este emulador fai aparecer desplegandose da parte superior da pantalla unha terminal ó pulsar F1. Mui cómoda e útil e cunha serie de incompatibilidades con Hardy e Compiz ata esta última versión que parece que as correxiu.

Ubuntu non a inclue nos repositorios asique para instalar esta aplicacion teremos que botar mau da nosa maña e destreza.

Descargamos tilda 0.9.6:

wget wget http://downloads.sourceforge.net/tilda/tilda-0.9.6.tar.gz

Instalamos as dependencias:

sudo apt-get install libglib2.0-dev libgtk2.0-dev libvte-dev libconfuse-dev flex libglade2-dev build-essential

Descomprimimos (debemos estar na carpeta onde descargamos o tar.gz do programa):

tar zxvf tilda-0.9.6.tar.gz

Ingresamos na carpeta descomprimida e compilamos:

./configure

make

sudo make install





Liferea

9 06 2008

Liferea é un agregador ou agregador de noticias. Esto significa que é un tipo de software para suscribirse a canales de noticias en formatos RSS, RDF e Atom. Fácil de usar e de instalar para GNOME.

Para instalar abrimos unha Terminal e…

sudo apt-get install liferea

Unha vez instalado o máis cómodo e indicarlle a Firefox que cando clikemos sobre un Suscribirse a este canal no lo  agregue directamente a Liferea. Imprescindible que Liferea teña aberto ó mesmo tempo que Firefox.

1º)En Firefox vamos a Editar > Preferenzas > Canales, e marcamos “Suscribirse ao canal usando

2º)Damos a “Elexir una aplicación“, desplazamonos ata o directorio /usr/bin e marcamos o archivo liferea-add-feed, aceptamos e listo.

Se o noso Firefox está actualizado a Firefox 3 beta 5 ou superior para agregar os feed’s a liferea temos que ir a Editar->Preferencias e na pestaña programas buscamos “canales”.Clikamos en Canales Web e damoslle a elexir outro onde indicaremos /usr/bin/liferea-add-feed.

Fuente: TuxAzteca





Google Gadgets no Ubuntu

9 06 2008
Google Desktop Gadgets for Linux é unha aplicación de código abierto, que se pode descargar libremente. De momento non ten versións compiladas xa que Google deixou esta tarea para que sexan as distro’s as que se ocupen delo. Ubuntu xa o fixo.
Para instalar Google Desktop Gadgets for Linux en Ubuntu debemos abrir unha Terminal dende Aplicacions > Accesorios > Terminal, unha vez nela escribimos:
sudo gedit /etc/apt/sources.list
Ingresamos o contrasinal de administrador e abresenos o editor de texto con a lista de repositorios. Ó final da lista agregamos as seguintes liñas:

deb http://ppa.launchpad.net/googlegadgets/ubuntu hardy main

deb-src http://ppa.launchpad.net/googlegadgets/ubuntu hardy main

Agora gardamos e cerramos o editor de textos

Unha vez feito esto volvemos á Terminal e escribimos o seguinte:

sudo apt-get update

e logo pasamos a instalalo con:

sudo apt-get install google-gadgets

Unha vez instalada para poder executala facemos Alt+F2 e na ventá que se abre escribimos:

ggl-gtk

Para poder arrincar Google Gadgets cada vez que abrimos unha sesión vamos a Sistema > Preferenzas > Sesions e na pestaña Opciones de Inicio damoslle a Añadir e enchemos os campos da seguinte maneira:
Nombre: Google gadgets
Orden: sleep 10 ; ggl-gtk
Comentario: (O que se che ocurra)

Así e como debera quedarvos:

Fuente: Ubuntips & Ubuntronics





Maior rendemento no Ubuntu

2 06 2008

Nunca está demais mellorar unha cousa para que esta funcione mellor e máis rápido. Para que o noso Ubuntu gañe uns poucos segundos no arranque ou para que responda máis rápido a ordes que lle deamos vamos modificar unha serie de cousas:

Mellora do Kernel

Ubuntu instala por defecto o kernel generic (xenérico) para que funcione sen problemas na maioria dos ordenadores. Nós que temos un ordenador maior ca un pentium II  podemos instalar outro kernel, o Kernel 386, adaptado ó noso procesador que anda máis rápido e acelera a carga do sistema.

Atencion:Para procesadores de doble núcleo mellor deixar as cousas como estan porque non é capaz de recoñecer os dous núcleos.

Antes de instalalo miramos o noso kernel:

uname -r

E saliranos algo como esto: 2.6.24-16-386

A continuacion instalamos o kernel 386 con apt-get:

sudo apt-get install linux-headers-2.6.24-16 linux-headers-2.6.24-16-386 linux-image-2.6.24-16-386 linux-restricted-modules-2.6.24-16-386 linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-386

Unha vez rematada a instalación debemos reiniciar e no Grub apareceranos unha nova entrada na que temos que entrar. Se o noso sistema arranca sen ningún problema podemos afirmar que a instalación foi todo un éxito e podemos borrar o Kernel generic.

sudo apt-get remove linux-headers-2.6.24-16-generic linux-image-2.6.24-16-generic linux-restricted-modules-2.6.24-16-generic linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-generic

Acelerar a carga do sistema

GRUB ten unha opción que indexa o que se carga no kernel de modo que a seguinte vez que se inicie o sistema cargarase máis rapido. Esta opción chamase profile e para activala temos que seguir estos pasos:

  • Cando aparezca o GRUB presionamos ESC (esto sólo é necesario para os que teñen só GNU/Linux instalado)
  • Cando aparezca o GRUB con a lista de kernels, eleximos o que normalmente usamos(se fixemos o paso anterior sería Ubuntu 8.04, kernel 2.6.24-16-386) e en vez de darlla a “Enter” calcamoslle a letra “e”.
  • Buscamos a liña que di “kernel /boot/vmlinuz…” e volvemos presionar “e“.
  • Salenos unha liña de texto na que hai que añadir ó final  a palabra profile e dámoslle a Enter.
  • Logo presionamos “b” e iniciarase o sistema.

O sistema vaise iniciar moito máis lento do normal porque ten que indexar, pero as seguintes veces que se inicie ira moito máis rápido do normal.
Acelerar a carga de aplicacións

Existe unha aplicación que corre en segundo plano e recolle información das aplicacións que usamos normalmente e as garda no caché o que fai posible unha maior rapidez á hora de executar. Esta aplicación chámase preload e instalamola mediante Synaptic ou ben:

sudo apt-get install preload





Instalando VirtualBox-OSE

30 05 2008

VirtualBox é unha aplicación instalada nun sistema operativo anfitrión. Dentro desta aplicación, os

sistemas operativos adicionais podense cargar e executar, cada un co seu propio entorno virtual.

Existe unha versión gratuita para uso persoal e unha versión GNU (GPL).

Instalar VirtualBox en Ubuntu 8.04 “Hardy Heron” é moi sinxelo xa que esta aplicacion ven empaquetada nos repositorios oficiais e simplemente temos que activar os repositorios universe e multiverse (que xe deberamos telos activados fai tempo).


Para instalar en Ubuntu temos que abrir unha consola ou terminal e escribir:

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-generic

Se estamos usando outro kernel que non sexa o “generic”, instalamos a versión adecuada. Podemola ver facendo:

uname -r

Por exemplo se o facer uname -r nos sae:

2.6.24-16-386

Entón executamos

sudo apt-get install virtualbox-ose virtualbox-ose-modules-2.6.24-16-386





Devede 3.8

25 05 2008

devedelogo Devede 3.8 - Crea CD y DVD de video en Ubuntu

DeVeDe é un programa que permite crear video DVDs e CDs, aptos para un reproductor doméstico, a partir de calquera conxunto de archivos de vídeo, en calquera formato reproducible por Mplayer. A gran ventaxa sobre outras utilidades é que solo depende de Mplayer, Mencoder, DVDAuthor, VCDImager e MKisofs (e tamen de Python, PyGTK e PyGlade), polo que as suas dependencias son pequenas.

Para usuarios de Ubuntu Feisty e Gutsy existe un bug no Mplayer polo que recomendo que leais tranquilamente a páxina oficial http://www.rastersoft.com/programas/devede_es.html

Para instalalo en Ubuntu, primeiro hai que resolver todas as dependencias que temos arriba. Unha vez resoltas descargamonos o archivo tar e descomprimimolo.  Creanos una carpeta devede-3.8. Abrimos una Terminal e con cd navegamos ata a carpeta e executamos o archivo install.sh como root:

sudo ./install.sh

E con esto xa estamos listos para executar Devede e facer DVDs para o noso reproductor doméstico.

Devede para Windows