Maior rendemento no Ubuntu

2 06 2008

Nunca está demais mellorar unha cousa para que esta funcione mellor e máis rápido. Para que o noso Ubuntu gañe uns poucos segundos no arranque ou para que responda máis rápido a ordes que lle deamos vamos modificar unha serie de cousas:

Mellora do Kernel

Ubuntu instala por defecto o kernel generic (xenérico) para que funcione sen problemas na maioria dos ordenadores. Nós que temos un ordenador maior ca un pentium II  podemos instalar outro kernel, o Kernel 386, adaptado ó noso procesador que anda máis rápido e acelera a carga do sistema.

Atencion:Para procesadores de doble núcleo mellor deixar as cousas como estan porque non é capaz de recoñecer os dous núcleos.

Antes de instalalo miramos o noso kernel:

uname -r

E saliranos algo como esto: 2.6.24-16-386

A continuacion instalamos o kernel 386 con apt-get:

sudo apt-get install linux-headers-2.6.24-16 linux-headers-2.6.24-16-386 linux-image-2.6.24-16-386 linux-restricted-modules-2.6.24-16-386 linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-386

Unha vez rematada a instalación debemos reiniciar e no Grub apareceranos unha nova entrada na que temos que entrar. Se o noso sistema arranca sen ningún problema podemos afirmar que a instalación foi todo un éxito e podemos borrar o Kernel generic.

sudo apt-get remove linux-headers-2.6.24-16-generic linux-image-2.6.24-16-generic linux-restricted-modules-2.6.24-16-generic linux-ubuntu-modules-2.6.24-16-generic

Acelerar a carga do sistema

GRUB ten unha opción que indexa o que se carga no kernel de modo que a seguinte vez que se inicie o sistema cargarase máis rapido. Esta opción chamase profile e para activala temos que seguir estos pasos:

  • Cando aparezca o GRUB presionamos ESC (esto sólo é necesario para os que teñen só GNU/Linux instalado)
  • Cando aparezca o GRUB con a lista de kernels, eleximos o que normalmente usamos(se fixemos o paso anterior sería Ubuntu 8.04, kernel 2.6.24-16-386) e en vez de darlla a “Enter” calcamoslle a letra “e”.
  • Buscamos a liña que di “kernel /boot/vmlinuz…” e volvemos presionar “e“.
  • Salenos unha liña de texto na que hai que añadir ó final  a palabra profile e dámoslle a Enter.
  • Logo presionamos “b” e iniciarase o sistema.

O sistema vaise iniciar moito máis lento do normal porque ten que indexar, pero as seguintes veces que se inicie ira moito máis rápido do normal.
Acelerar a carga de aplicacións

Existe unha aplicación que corre en segundo plano e recolle información das aplicacións que usamos normalmente e as garda no caché o que fai posible unha maior rapidez á hora de executar. Esta aplicación chámase preload e instalamola mediante Synaptic ou ben:

sudo apt-get install preload

Advertisements

Accións

Information

3 responses

2 06 2008
hebinohi

Uhm, curioso, yo tengo el 2.6.24-17, de lo segundo no sabia, se que hay puedes quitar el tiempo de espera que te dan (3 segundos) para seleccionar el modo de arranque, sobre lo tercero, no se si sea porque lo instale casi inmediatamente pero no noto mucha diferencia :p

6 06 2008
jsmtux

A todo esto, se en vez de instalares o *.386 instalases o 486 ou o 586 era moito mellor, ou non?

De tódolos xeitos con debian sempre consegues maior performance creo eu.

vemonos mañá!

6 06 2008
jsmtux

Felicidades polo blog!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: