Problema en Firefox con Flash

3 05 2008

Unha vez actualizado a Hardy Heron instalase Firefox 3 Beta 5 e no meu caso polo menos non podia ver correctamente os vídeos de YouTube. Gloogleando atopeime cunha solución que a min me serviu e paso a comentala.

  1. Descargamos e instalamos nspluginwrapper de aquí.
  2. Instalamos libflashsupportsudo apt-get install libflashsupport
  3. Borramos o plugin de flashsudo apt-get remove flashplugin-nonfree
  4. Volvemos instalalosudo apt-get install flashplugin-nonfree
  5. Reiniciamos Firefox e listo.

A min funcionoume, asique sorte no voso intento

Advertisements




3 05 2008

A vida non se mide por as veces que respiras, senon polos momentos que te deixan sin alento





Tar

3 05 2008

O programa tar é usado para almacenar archivos e directorios nun so archivo. Dentro dos entornos Unix tar aparece como unha orden que pode ser executada dende a liña de comandos, a consola de texto ou dende unha simple terminal.

Hai que diferenciar o formato .tar dos outros formatos como .zip ou .rar, xa que estos últimos son formatos que comprimen, en cambio o formato .tar non comprime simplemente agrupa archivos nun so ficheiro.

O formato que segue o comando tar é:
tar [opcions] [ficheiro1][ficheiro2]...[ficheiroN]

Enton se nós queremos actuar con tar dende consola temos que introducir os seguintes comandos se queremos:

  1. Empaquetar un ficheiro tar -cvf [nome.tar] [ruta ficheiro]
  2. Empaquetar un directorio tar -cvf [nome.tar] [ruta directorio, Ex:" /etc"]
  3. Desempaquetar un ficheiro tar -xvf [nome.tar]
  4. Ver o contido dun .tar tar -tvf [nome.tar]


Donde -c indica que que queremos empaquetar, -x indica que queremos desempaquetar, -t indica que queremos ver o contido, -v para ver o progreso que segue o program, e -f para usar o nome do ficheiro.

Existe o formatos derivados do .tar como son .tar.bz2 ou .tar.gz que estes sí funcionana como compresores.