“O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos”.
(GOETHE)
14 05 2008
Comentarios : Deixa un comentario »
Etiquetas: Frases
Categorías : Frases
Blueman
14 05 2008Blueman é un programa que nos permite administrar desde calquera sistema linux dispositivos bluetooth.
Características:
- Interfaz moi sinxela.
- Posibilidade de gardar dispositivos favoritos.
- Envío de archivos.
- Explorar archivos nos dispositivos.
- Lista de todos os dispositivos detectados.
- Conexión a auriculares bluetooth para poder usalos como dispositivos ALSA.
- E muito mais…

Para instalalo en Ubuntu, como sempre abrimos consola e…
- Agregamos a chave apt do repositorio:
wget -q http://download.tuxfamily.org/blueman/blueman.gpg -O- | sudo apt-key add - - Agregamos o repositorio ó noso sources.list:
sudo wget http://download.tuxfamily.org/blueman/hardy.list -O /etc/apt/sources.list.d/blueman.list - E por último actualizamos e instalamos blueman
sudo apt-get update && sudo apt-get install blueman

Para outras distro poden descargar o código fonte.
Comentarios : Deixa un comentario »
Etiquetas: aplicacions, bluetooth, Programas, Tutoriales
Categorías : Programas
O comando cal
14 05 2008O comando cal mostranos desde consola o mes actual con o día que sexa resaltado. Enton abrimos consola e poñemos cal e apareceranos algo como esto:
Pero non só fai iso, podemos especificarlle as seguintes opcions:
- -1: mostranos o mes actual, é a opción que toma por defecto.
- -3: mostranos o mes anterior, o mes actual e o mes próximo.
- -s: mostra o domingo como primeiro día da semana.
- -m: mostra o luns como primeiro día da semana.
- -y: mostranos o ano no que estamos.
Nos executamos cal -3:
Se executamos cal -y mostranos o ano:
O comando cal entende un só parametro como ano a buscar (desde 1 ata 9999), e entende dous parámetros como mes e ano. Exemplo: cal 5 2008 mostraranos mayo de 2008, e cal 1999 mostraranos o ano 1999.
Comentarios : Deixa un comentario »
Etiquetas: calendario, comando, Programas
Categorías : Programas, Tutoriales, Ubuntu






